Olga Novo
Nace en 1975 en la aldea lucense de Vilarmao (Pobra do Brollón). Licenciada en Filología gallego-portuguesa, actualmente es profesora de lengua y literatura gallegas en la Universidad de Rennes, en la alta Bretaña. Ha colaborado en numerosos medios y publicaciones literarias especializadas como Unión Libre. Cadernos de vida e culturas, Moenia, Anuario de estudios galegos, Boletín Galego de Literatura o Ínsula, entre otras. Como poeta, se dá a conocer a través de revistas como Clave Orión, Ólisbos, Festa da palabra silenciada o Dorna. En 1996 publica su primer poemario, A teta sobre o sol (Ed. Do Dragón; 2ª ed. Letras de Cal, 1999). Con su segundo libro, Nós nus (Xerais, 1996), es galardonada con el premio Losada Diéguez de Creación. En 2001 se publica el libro de artista Magnalia (Ed. Espiral Maior), en el que colabora con el también poeta Juan Abeleira y la pintora Alexandra Domínguez. Su última obra poética es A cousa vermella (Espiral Maior, 2004).

Su obra ha sido recogida en antologías como La flama en el espejo (México, 1998), Mulher a fazer vento (Lisboa, 1998), Yo es otro. Autorretratos de la nueva poesía (Madrid, 2001), o Spain (Poetry from the Castilian, Catala, Basque and Galician languages) (Atlanta, 2003), entre otras.

Como estudiosa de la literatura ha publicado los libros Por un vocabulario galego do sexo. A terminoloxía erótica de Claudio Rodríguez Fer (Positivas, 1996), O lume vital de Claudio Rodríguez Fer (1999) y Uxío Novoneyra. Lingua loaira (2005).

 
 

Begoña Abad // Ana Alcaraz // Ana Blandiana // Daiva Cepauskaite // Elisabeth Hernández Quijano // Elvira Lozano // Margalit  Matitiahu // Olga Novo // Cristina Peri Rossi // Belen Reyes // Miriam Reyes // Carmen Ruiz Fleta // Ángela Serna // Krisztina Toth // Florence Vanoli //

 

os líquidos íntimos
 
coa miña pel podes facer enxertos nas mazairas.
algunhas conservan estirados os nomes que gravei a navalladas
tódalas tardes ó volver da escola.
acostumada a tirar por un poema como por un becerro
cando se lle ven as patas,
cando xa non se está en idade de medrar
toda maduración require un desgarro de tendóns
entón é cando corren polo meu peito rabaños de cabras
que non se dirixen a ningunha parte,
sóbenme ás paredes desde as que te vexo,
arrancan coa lingua o pasto mentres te vas.
o tacto dos teus violíns faime chorar terriblemente.
e case non podo soportar que as túas mans me acariñen
como a la dos xerseis que me facía a miña nai cando era nena.
pero coa miña pel
coa miña pel podes facer enxertos nas mazairas.

Nós nus (1997)

A idea da beleza

F       O       D       E       R

Fóra.
Fóra tribo.
… Se bailaras comigo
habías de comer o saber
cru
a impalabra do meu carácter montañés
bárbaro
e voitral
habías de beber os ouriños benditos por belce

come

come
tú.
A foránea levo nunha lingua anticrista unha flor unha flor unha flor
tan aberta
que pensa
…se bailaras comigo
ata partirme o espiñazo e facer dúas de min
meu ben
se me viras ben
ven
e baila comigo.

Vivín coa boca seca coma o deserto de Dakar
ata tocar
a punta infinitesimal dos meus mexos
marqués
marqués da nada
só señor da miña vaxina noite inmensa papila gustativa do mundo
vulva perfuradísima
botón da tierra
antilei da gravitación universal.

O centro da terra non atrae as miñas verbas
eu douchas de comer na túa ansia coprófila
esta excrementación silábica esta apalabración
que me inflama os intestinos
cheos de amor
e merda.

A idea da beleza
cruzando o celo cara o sur
na migración das aves
describe a curva depravada
o grao máis alto
de poesía pura
caendo coma a suor polos teus poros
abertos que son
buratos negros
e unha cousa preciosa da astrofísica.

A idea da beleza migra no teu cuspe
esa substancia que rompe a barreira do son
sobre min
podemos
Foder
ata romper a paus o espírito de Deus
podemos
Foder ata sentir o cu da noite
onde ninguén viu as patas dunha garza
anunciar a luz do día
Foder
ata arrasar as cordilleiras da miseria
podemos
Foder
ata caer
sentir o crac do cromosoma do poder
podemos
Foder ata tocar a nosa soedade co teu prepucio só
Foder
nos
ata o final
asa ver a morte curvándose na derradeira postura do pracer
Foder
ata
Foder
e xa non ser
máis
cá sombra dunha dimensión fodendo a catro patas
no borde do universo
ti e eu
Fodendo de xeonllos
na noite estrelada da mente de Platón
pensando
quizáis
na idea da beleza.

A cousa vermella (2005)